O pouco de publicar Waking the Fallen , a banda comeza a gravar o álbum City of Evil coa grande discográfica Warner Bros records. Con este conseguiron grandes vendas, e comeza unha nova etapa tamén no estilo musical, xa que deciden afastarse un pouco do estilo metalcore que os precedía. Nun principio asociábase o cambio musical aos danos nas cordas vocais que sufrira o vocalista M. Shadows e lle levaran ó quirofano, mais no DVD All Excess el mesmo aclara que non tivo que ver. Meses antes do lanzamento de City of Evil , M. Shadows estivo mellorando as súas cualidades vocais co adestrador Ron Anderson, coñecido por traballar anteriormente con artistas como Axl Rose , Kylie Minogue ou Chris Cornell . O primeiro single deste álbum foi “Bat Country”, o título desta canción provén do libro “Fear and Loathing in Las Vegas” do escritor Hunter S. Thompson onde Raoul Duke di: “Non podemos parar aquí. Este é un pobo morcego”. Os seguintes singles foron “Beast and the Harlot”(o seu riff ocupa o 10º posto segundo a revista Total Guitar como mellor riff do século 21), “Seize the day” e tamén gravaron un vídeo en vivo para a canción “Burn it down”. Antes de sacar o seu seguinte álbum en xullo de 2007 sae o DVD All Excess que inclúe actuacións en vivo, vídeos musicais, imaxes do backstage e documental sobre as vivencias da banda desde os seus comezos en 1999.
O pouco de publicar Waking the Fallen , a banda comeza a gravar o
Written by
in