showrock

O 5 de xaneiro de 2010 celebrouse un funeral privado e un día despois

Written by

in

O 5 de xaneiro de 2010 celebrouse un funeral privado e un día despois soterrárono nun cemiterio de Long Beach ( California ). O 17 de febreiro, Mike Portnoy ( membro de Dream Theater e ídolo de The Rev ) comeza a gravar coa banda o novo disco Nightmare , substituíndo a The Rev. Este álbum ten a intención de ser adicado a Jimmy, os sons da súa voz e batería gravados antes da súa morte, mantivéronse e foron publicados, o cal fai que se converta no último álbum que a banda publica con el. Antes da publicación do álbum M. Shadows e Synyster Gates adiantaban en Hard Drive Radio: «O novo álbum, “Nightmare,” está dedicado a súa memoria e aínda que non é un álbum conceptual, está centrado en The Rev. O raro do álbum é que hai unha canción que se chama “Fiction” ( Ficción, nomeada así por The Rev ) que primeiro se chamaba “Death” (Morte). Esa canción foi a última que The Rev escribiu para o álbum, e cando a rematou dixo: xa está, esta é a última canción para o disco. Tres días despois, morreu. Os rapaces estiveron na cidade mesturando o álbum e está case rematado con Andy Wallace.» O single Nightmare é publicado o 18 de maio de 2010. Finalmente 27 de xullo de 2010 o álbum Nightmare é publicado. En decembro de 2010, Mike Portnoy deixa o grupo , e en xaneiro de 2011 anuncian a Arin Ilejay ( da banda Confide ), como batería para a xira, mais aínda non se estableceu se será considerado un membro do grupo ou se a súa estadía será temporal. Synyster Gates respondeu o seguinte para a revista Guitar World en xullo de 2011, cando lle preguntaron sobre a posibilidade de que Arin Ilejay sexa un membro permanente: “É dificil de dicir. Mais podo dicir unha cousa, leva con nos medio ano, fixo 3 xiras con nós e cada vez vai a mellor. Queremos ao rapaz. É doce canto pode, humilde canto pode, talentoso canto pode. Está gozándoo e estámolo a gozar. Así que non hai plans ou ideas de que vaia haber mais cambios neste punto.” Do álbum Nightmare , a parte do single co mesmo nome, tamén se publicou vídeo da canción “So Far Away”. O vídeo, ó igual que a canción, vai adicado a The Rev. “So Far Away” nun principio comezáraa a compoñer Synyster Gates adicándoa ao seu avó, mais trala morte de Jimmy trocouse o seu sentido. Outra canción que se mostrou do disco foi “Buried Alive”. Ata o momento, a banda mantívose ocupada de xira e non hai indicios de que dirección tomara o novo álbum, unicamente que é moi posible que nunca máis se volvan a escoitar cancións estilo “A Little Piece of Heaven” ou “Fiction”, xa que foron maiormente ideas de The Rev . Unha das cancións publicadas tras Nightmare foi “Not Ready to Die”. Esta saíu á venda o 2 de maio de 2011 e a banda a creou para o xogo Call of Duty: Black Ops en apenas unha semana, o cal significa que só se fixo para que se axustase o estilo do xogo e non é unha pista do estilo musical que seguirá a banda.