Hairway to Steven publicouse en abril de 1988 e marcou o paso

Hairway to Steven publicouse en abril de 1988 e marcou o paso intermedio entre as raíces experimentais da banda e as gravacións máis accesibles posteriores. Aínda que a metade do material ten un son tan extremo como o dos seus inicios, outras cancións son máis convencionais. Este foi o primeiro álbum de Butthole Surfers no que se usou extensivamente a guitarra acústica. As cancións de Hairway to Steven non tiñan nome cando se publicou por vez primeira, e no seu lugar cada tema estaba representado cunha caricatura absurda, moitas delas incluso escatolóxicas. Durante o seguinte ano a banda estivo de xira para promover o disco, facendo tamén unha exitosa xira por Europa (en parte axudados pola influencia do seu novo distribuidor británico, Blast First ). Ao igual que as súas gravacións no estudio, as súas actuacións ao vivo comezaron a perder gran parte do seu caos anterior.