Durante o inverno de 1988 Butthole Surfers usou un DAT portátil para gravar algúns concertos. As mellores desas gravacións lanzáronse como Double Live , un dobre álbum de edición limitada publicado en vinilo e casete en 1989, e en CD o ano seguinte. Este foi o seu primeiro lanzamento a través do seu propio selo, Latino Buggerveil . Aínda que o álbum está descatalogado, as súas cancións están dispoñibles de xeito gratuíto como MP3s descargables na páxina oficial da banda. O traballo foi publicado en resposta ao aumento de vendas de gravacións ilegais dos seus concertos e contiña cancións de todos os seus anteriores discos.
Durante o inverno de 1988 Butthole Surfers usou un DAT portátil para
Written by
in