En maio de 2023 a banda confirmou que o seu seguinte álbum, The Death of Randy Fitzsimmons , sería publicado o 11 de agosto dese ano. A banda tamén compartiu o seus sinxelo principal, “Bogus Operandi”, sendo o seu primeiro lanzamento en catro anos. Ese mesmo mes The Hives comezou unha xira polo Reino Unido e Irlanda como abreconcertos de Arctic Monkeys . Un segundo sinxelo do álbum, “Countdown to Shutdown”, apareceu no mes de xuño. No seu vídeo musical hai un cameo do anterior baixista do grupo, Dr. Matt Destruction, que interpreta a un traballador de oficina. Antes do lanzamento do disco, The Hives lanzarían tres sinxelos máis: “Rigor Mortis Radio”, “Trapdoor Solution”, e “The Bomb”. Posteriormente, The Hives emprenderon unha xira de promoción álbum por Europa e América que rematou en 2024.
En maio de 2023 a banda confirmou que o seu seguinte álbum, The Death
Written by
in