En 1981, Haynes e Leary publicaron a revista Strange V.D. , que contiña fotos de doenzas médicas pouco comúns, xunto con explicacións ficticias e humorísticas de enfermidades. Tras ser collido cunha desas imaxes no traballo, Haynes deixou a empresa onde traballaba e mudouse ao sur de California . Leary, ao que só lle faltaba un semestre para conseguir o seu título, deixou a universidade e seguiu os pasos de Haynes. Tras un breve período de tempo vendendo roupa feita a man coa imaxe de Lee Harvey Oswald , a parella regresou a San Antonio, e iniciou a banda que posteriormente sería Butthole Surfers.
En 1981, Haynes e Leary publicaron a revista Strange V.D. , que
Written by
in