Un xogo de realidade alternativa xurdiu paralelamente ao concepto de Year Zero , ampliando a historia que conta o álbum. Pistas ocultas no merchandise das xiras levou inicialmente aos seareiros a descubriren unha rede de páxinas web ficticias, web do xogo que describían “unha imaxe orweliana dos Estados Unidos cara ao ano 2022”. Antes da edición do disco, algunhas cancións inéditas atopáronse en memorias USB ocultas en concertos da banda en Lisboa e Barcelona , como parte do xogo de realidade alternativa. A participación dos seareiros no xogo chamou a atención de medios como USA Today e Billboard , que citaron a páxina de fans The NIN Hotline , ao foro Echoing the Sound , ao club de fans The Spiral e a NinWiki como fontes de novos descubrimentos.
Un xogo de realidade alternativa
Written by
in