Porén, durante un concerto en Tilburg , nos Países Baixos , Moody non chegou a tempo para actuar no primeiro tema, sendo substituído polo cantante Tommy Vext , quen tamén cantou outro tema máis adiante cando Moody marchou do escenario. Durante a actuación tódolos membros do grupo deixaron o escenario en varias ocasións. Moody afirmou que “non hai outro cantante para Five Finger Death Punch”, e posteriormente dixo “este é a miña última actuación con Five Finger Death Punch” facendo un xesto de cortarse a gorxa. O día despois desta actuación o grupo anunciou que encabezarían unha xira europea con In Flames e Of Mice And Men a finais de 2017. Tras esta última actuación Ivan Moody ingresou nun centro de rehabilitación ausentándose da xira europea do grupo, sendo substituído de novo por Tommy Vext.
un concerto en Tilburg
Written by
in