Nunha entrevista coa BBC Radio 1 , Reznor indicou que escribiría durante a maior parte de 2012 con Nine Inch Nails “en mente”. Reznor finalmente confirmou que estaba traballando en novo material de Nine Inch Nails e que a banda podería volver actuar en directo. En febreiro do ano 2013 Trent Reznor anunciou que a banda volvería ás estradas realizando unha gran xira, bautizada Twenty Thirteen Tour , a partir do verán dese ano, e que probablemente se estendería ata o ano 2014 . Tamén revelou os membros que formarían a banda para eses concertos. Ao propio Reznor se lle unirán Eric Avery de Jane’s Addiction , Adrian Belew de King Crimson , e Josh Eustis de Telefon Tel Aviv , ademais dos anteriores membros da banda en directo Alessandro Cortini e Ilan Rubin . Porén, tanto Avery como Belew deixaron a banda de xira antes de que comezasen as actuacións, e o ex membro Robin Finck volveu para ocupar o seu lugar.
Twenty Thirteen Tour
Written by
in