The Joshua Tree foi editado en marzo de 1987 e nel a banda facía unha

Written by

in

The Joshua Tree foi editado en marzo de 1987 e nel a banda facía unha xustaposición da antipatía que tiña cara aos Estados Unidos e a profunda fascinación dos mesmos con dito país, debido aos seus espazos abertos, a súa liberdade e os seus iguais. A banda quería música cun sentido de situación e unha calidade “cinematográfica”, ademais de que o novo son do disco estaba inspirado nas metáforas creadas por escritores estadounidenses que a banda estivera lendo. The Joshua Tree converteuse no álbum con vendas máis rápidas na historia das listas británicas, e estivo na cima da Billboard 200 estadounidense durante nove semanas. Os seus dous primeiros sinxelos, ” With or Without You ” e ” I Still Haven’t Found What I’m Looking For “, convertéronse rapidamente nos primeiros números 1 da banda nos Estados Unidos.