En 1987 , Trent Reznor tocaba os teclados nunha banda de Cleveland chamada The Exotic Birds, xestionada por John Malm, Jr. Reznor e Malm fixéronse amigos, e cando Reznor deixou a banda para traballar na música el só, Malm informalmente converteuse no seu manager . Nese tempo Reznor traballaba coma auxiliar de técnico e conserxe nos Right Track Studios, e pediulle permiso ao dono dos mesmos, Bart Koster, para gravar algunhas demos do seu material nas horas no que o estudio non se usaba e Koster accedeu. Mentres montaba eses temas, as primeiras gravacións de Nine Inch Nails, Reznor foi incapaz de atopar unha banda que articulase ese material como el desexaba. Porén, inspirado por Prince , Reznor tocou todos os instrumentos agás as baterías. Na maioría das gravación da banda segue usando ese método, aínda que en ocasións teñen gravado outros músicos con el.
Reznor tocaba os teclados
Written by
in