Pouco despois do lanzamento de Butthole Surfers , a banda recrutou un segundo batería, Teresa Nervosa (nada Teresa Taylor), que tocara con Coffey en varias bandas marciais de nstitudos das áreas de Fort Worth e Austin. Ela e Coffey tocarían ao unísono ou por separado con kits de pé, sumando un novo elemento ao espectáculo ao vivo dos Surfers, sempre en constante evolución. Aínda que Nervosa e Coffey repetidamente se referían a eles mesmos como irmáns, revelouse que só o facían debido ás súas semellanzas e non porque realmente tivesen algunha relación familiar. Coa chegada de Nervosa estableceuse o núcleo da “formación clásica” da banda. Coa excepción de distintos baixistas e dos meses sabáticos que tomou Nervosa entre 1985 e 1986, esta formación permaneceu inalterada ata a marcha final da batería en 1989. No ano 2008 regresou brevemente, sendo anunciada como “Teresa Taylor”.
Pouco despois do lanzamento de Butthole Surfers , a banda recrutou un
Written by
in