piouhgd foi o quinto álbum de estudio de Butthole Surfers, e o

piouhgd foi o quinto álbum de estudio de Butthole Surfers, e o primeiro con Rough Trade. Editado en abril de 1991, contaba con instrumentación electrónica, pero foi visto en gran medida como unha decepción en comparación con anteriores traballos. Tanto Haynes como Leary expresaron dende entón o seu descontento co álbum. A banda foi convidada a formar parte da xira inaugural do Lollapalooza ese verán. Nese tempo Haynes colaborou con Ministry , cantando no seu sinxelo de 1991 “Jesus Built My Hotrod”, que posteriormente foi incluído no álbum Psalm 69: The Way to Succeed and the Way to Suck Eggs .