showrock

O segundo álbum de Battles, Gloss Drop , publicouse o día 6 de xuño

Written by

in

O segundo álbum de Battles, Gloss Drop , publicouse o día 6 de xuño de 2011 e contou con invitados como Gary Numan , Kazu Makino e Yamantaka Eye . A banda realizou unha xira na primavera para promover o disco. No mes de decembro dese mesmo ano o grupo foi a comisaria do festival de All Tomorrow’s Parties “Nightmare Before Christmas” en Minehead , Inglaterra, xunto con Les Savy Fav e Caribou . Dende febreiro a abril de 2012 a banda editou unha serie de catro EPs en vinilos de 12″, titulada Dross Glop , con remesturas dance de todos os temas de Gloss Drop realizadas por varios artistas, como Gui Boratto, Kode9 e Hudson Mohawke. Un álbum recompilatorio coas 11 remesturas (máis unha non incluída nos EPs, “Sundome”) foi lanzado o 16 de abril de 2012.