No mes de abril do ano 2000 aparecería o seu segundo álbum, titulado Veni Vidi Vicious , editado a través de Burning Heart Records. A propia banda describiu o disco como “unha luva de veludo con puños americanos, brutal e sofisticado ao mesmo tempo”. Do álbum sacáronse os sinxelos ” Hate to Say I Told You So “, ” Main Offender “, ” Die, All Right! ” e ” Supply & Demand “. O tema do álbum “The Hives – Introduce the Metric System in Time” foi incluído no recompilatorio de punk rock Punk-O-Rama Volume 5 de Epitaph ese mesmo ano. “Hate To Say I Told You So” foi posteriormente incluída na banda sonora de Spider-Man , e tamén aparece no videoxogo Forza Horizon . O tema “Main Offender” apareceu no videoxogo Rock Band e “Die, All Right!” publicouse como contido descargable na tenda de música dixital do xogo.
No mes de abril do ano 2000 aparecería o seu segundo álbum, titulado
Written by
in