No ano 2001 a banda editou o álbum No World Order , un disco

Written by

in

No ano 2001 a banda editou o álbum No World Order , un disco conceptual que fala sobre a nova orde mundial e un ano despois apareceu un disco duplo en directo, Skeletons in the Closet . No 2005 editarían Majestic e no 2007 Land of the Free II , que representa a continuación conceptual de Land of the Free de 1995 . Ese ano saíron de xira con Helloween e Axxis na Hellish Rock Tour 2007/08 , despois de reconciliarse cos membros do seu antigo grupo. Nesa xira gravouse o concerto de Barcelona , celebrado o 16 de xaneiro do 2008 , para ser incluído como extra no DVD Hell Yeah! The Awesome Foursome , lanzado o 27 de outubro dese ano.