Malia a súa xuventude, Condon xa editara anteriormente algúns

Written by

in

Malia a súa xuventude, Condon xa editara anteriormente algúns traballos baixo o nome de ‘The Real People’ cando só tiña 15 anos, cunha faceta de electrónica lo-fi (similar ao estilo do tema de Beirut ‘Scenic World’ do álbum ‘Gulag Orkestar’). Un ano máis tarde, grava un álbum completamente doo wop que foi inspirado por Frankie Lymon & the Teenagers . Tamén, durante os anos 2001 e 2002, gravaría un EP con tres cancións baixo o nome 1971 , titulado “Small Time American Bats”, que nunca se editou oficialmente. Condon estivo no instituto de Santa Fe , onde estudou até os 16 anos, cando embarcou nunha viaxe por Europa na que se deixou influenciar pola música balcánica, especialmente pola orquestra de Boban Marković .