Fugazi realizou a súa primeira xira en xaneiro de 1988 , e en xuño

Fugazi realizou a súa primeira xira en xaneiro de 1988 , e en xuño dese ano gravou o seu EP de estrea, Fugazi co produtor Ted Nicely. Pouco despois iniciaría unha xira por Europa que remataría en decembro. Ese mes a banda gravou temas para o seu álbum de estrea, porén, non quedou contenta coas sesións. A listaxe de cancións reduciuse e finalmente editaron o EP Margin Walker en 1989 . Ámbolos dous EPs foron finalmente combinados no álbum 13 Songs , publicado a finais de 1989. Ao seu regreso de Europa, Picciotto, insatisfeito con só cantar, comezou a tocar tamén a guitarra.