En xaneiro do 2010 Joey Cape anunciou durante unha entrevista coa

Written by

in

En xaneiro do 2010 Joey Cape anunciou durante unha entrevista coa revista Canada’s Exclaim! que Jesse Buglione deixara Lagwagon, despois de estar na banda dende a súa fundación en 1990 . Porén, Cape desmentiu os rumores sobre a disolución do grupo. Mentres que non estaba seguro sobre si Lagwagon lanzaría un novo disco ou comezaría outra gran xira, amosouse aberto a realizar concertos e gravar temas de Lagwagon esporadicamente. Posteriormente Jesse Buglione confirmou a súa saída nunha mensaxe no foro oficial da banda.