En outubro de 2008 anunciouse que a música de Guided by Voices serúa

En outubro de 2008 anunciouse que a música de Guided by Voices serúa usada para un musical en 3D baseado na vida de Cleopatra dirixido por Steven Soderbergh e con guión de James Greer . Soderbergh e Greer reescribiron as letras das cancións para axustalas á historia. Soderbergh xa usara anteriormente unha canción de Guided by Voices no seu filme Full Frontal , e escribiu a introdución dun libro sobre a banda. Pollard escribiu a banda sonora para a película de Soderbergh Bubble , e esa música foi editada como Music for ‘Bubble’ . Posters, camisetas e cancións de Guided by Voices e Pollard apareceron frecuentemente na serie británica The IT Crowd .