En 1994 , despois de seleccioinar novas cancións dos arquivos de

En 1994 , despois de seleccioinar novas cancións dos arquivos de gravacións da historia da banda, Pollard entregou o fito indie Bee Thousand a través de Scat Records, cun contrato de distribución a través do selo independente Matador Records . Ao pouco tempo a banda fichou oficialmente por Matador, e Pollard e os seus compañeiros puideron retirarse dos seus traballos para dedicarse á música a tempo completo. A banda sorprendeu ás súas primeiras audiencias cos seus enérxicos concertos.