Despois do instituto, Dando matriculouse na Skidmore College pero non

Written by

in

Despois do instituto, Dando matriculouse na Skidmore College pero non puido manter as súas notas e deixou as clases para continuar coa súa carreira musical. A banda asinou co selo local Taang! Records e editou con el os álbums Hate Your Friends ( 1987 ), Creator ( 1988 ) e Lick ( 1989 ), con Deily e Dando compartindo as voces principais e as composicións. Inicialmente tamén compartían as tarefas de guitarra principal e batería, pero cando isto se volveu inviable, contrataron baterías como Doug Trachten, John Strohm e Mark Natola para completar a formación. Como os tres álbums foron compilados a partir de varias sesións de gravación dende 1986 en diante, as formacións de cada álbum variaron considerablemente dunha canción a outra. O grupo gozou dunha boa cantidade de tempo de emisión na radios universitarias e fíxose popular no tempo da aparición da escena indie rock , ata que Deily deixou a banda en 1989 . Dando recrutou entón a David Ryan para a batería e asinou co grande selo Atlantic Records , editando o álbum Lovey en agosto de 1990 . A cabalo entre o punk rock , o country e o heavy metal , Lovey apareceu un ano antes do éxito comercial do grunge , e non conseguiu entrar nas listas nin producir ningunha canción con difusión seria.