Despois de facer varios concertos pola zona de Glasgow e de que o público reaccionase con entusiasmo, a banda foi vista por Dee Bahl, que se convertería no seu manager . Bahl ofreceulles a oportunidade de editar un sinxelo polo selo de Aereogramme Babi Yaga. “Iname” lanzouse o 28 de xuño de 1999 , e Jim Gellatly deulle a súa aparición na radio na emisora Northsound Radio. Esta primeira edición permitíulle á banda ser elixida polo selo Electric Honey do Stow College para editar un disco. O EP thekidswhopoptodaywillrocktomorrow saíu o 13 de xuño do ano 2000 , e despois de escoitalo, o DJ da BBC Radio Scotland Vic Galloway deulle acollida á banda no seu programa. Poucos días antes do lanzamento do EP, a banda foi vista no escenario Unsigned Bands (podería traducirse como o escenario das bandas sen selo) do festival T in the Park por un representante da discográfica Beggars Banquet. Pouco despois Biffy Clyro acabaría asinando co selo.
Despois de facer varios concertos pola zona de Glasgow e de que o
Written by
in