Despois de dous álbums máis, Double Plaidinum e Let’s Talk About

Despois de dous álbums máis, Double Plaidinum e Let’s Talk About Feelings , a banda entrou en hiato indefinido no ano 2000 , debido a que os seus membros estaban traballando en proxectos paralelos. Lagwagon rexurdiu no 2002 , e editou o seu sexto álbum de estudio, Blaze , o ano seguinte. No 2004 o seu líder Joey Cape lanzou un álbum compartido co vocalista de No Use for a Name Tony Sly, interpretando versións acústicas de temas de ambalasduas bandas. O 1 de novembro do 2005 Lagwagon publicou Resolve , que é unha homenaxe á vida de Derrick Plourde, o batería orixinal de Lagwagon e Bad Astronaut.