Decatándose de que “U2 non tiña ningunha tradición” e que o seu

Written by

in

Decatándose de que “U2 non tiña ningunha tradición” e que o seu coñecemento da música dende a súa infancia era moi limitada, o grupo decidiu explorar as raíces da música irlandesa e estadounidense. A súa amizade con Bob Dylan , Van Morrison e Keith Richards motivounos a explorar o blues , o folk e o gospel . Para o seu quinto álbum, The Joshua Tree , a banda quería construír unhas texturas como en The Unforgettable Fire , pero tamén facer algo menos experimental, buscando un son máis duro usando estruturas de cancións máis convencionais. U2 interrompeu as gravacións do álbum en 1986 para ser a banda principal da xira de Amnistía Internacional A Conspiracy of Hope . En vez de ser unha distracción, a xira engadiulle máis intensidade e un novo enfoque ao seu novo material. En 1986, Bono viaxou ao Salvador e Nicaragua e viu de primeira man o sufrimento dos labregos acosados polos conflitos internos debido á intervención política estadounidense. A experiencia converteuse na principal influencia para a súa nova música.