Daniel Ash, o seu amigo David J. Haskins e o irmán novo deste, Kevin Haskins, xa tocaran xuntos en varias bandas cando novos, a miúdo sen duraren máis dunha actuación. Unha das bandas que máis tempo durou foi a chamada The Craze, chegando a tocar varias veces en Northampton. Porén, The Craze disolveuse rapidamente, e Ash volveu intentar que o seu vello amigo da escola Peter Murphy se lle unise, simplemente porque Ash cría que Murphy tiña o look axeitado para unha banda. Murphy, que estaba a traballar nunha imprenta, decidiu probar, malia non ter escrito nunca cancións nin ter composto música. Durante o seu primeiro ensaio xuntos participou na composición da canción “In the Flat Field” coma coautor. Kevin Haskins, antigo compañeiro de formación de Ash, uníuselles coma batería. Ash procurou non convidar a David J., quen xa tocara previamente con eles noutras formacións, porque Ash quería manter o control da banda. Tan só logo dunhas semanas, Ash reconsiderouno e convidou a Haskins para substituír o baixista orixinal Chris Barber. Haskins acordara previamente con outra banda facer unha xira por bases aéreas norteamericanas, mais decidiu que unirse aos seus amigos era “facer o correcto”. Estando a formación xa ao completo, actuaron por vez primeira no pub Cromwell de Wellingborough na Noite Vella de 1978 .
Daniel Ash, o seu amigo David J. Haskins e o irmán novo deste, Kevin
Written by
in