Candy Apple Grey , o primeiro lanzamento pola nova discográfica, xurdiu en 1986 . Un bo disco, favorecido principalmente polas facilidades de produción ofrecidas por unha grande discográfica. Aínda que o son seguía a liña máis accesible dos últimos 3 discos, non habían hits obvios e a banda non acadou o éxito comercial, pero mantivo a súa integridade e o seu público (aínda que reducido) intactos. Durante esa época, as tensións internas entre Mould e Hart medraron. Mould estaba recuperado mentres Hart parecía afondar na dependencia de drogas e alcohol. Aínda así, estaban listos para a gravación dun novo álbum duplo, Warehouse: Songs and Stories . A pesar de que a Warner non quería que a banda lanzase outro álbum duplo, Warehouse foi lanzado en maio de 1987 , sendo ben recibido pola crítica. Os fans máis radicais recoñecían que ese non era o mellor disco da banda, e que Mould e Heart como compositores estaban distanciandose.
Candy Apple Grey , o primeiro lanzamento pola nova discográfica
Written by
in