O primeiro sinxelo deste álbum, ” My Curse “, acadou o número 21 na lista Hot Mainstream Rock Tracks, e incluíuse na banda sonora dos videoxogos Sleeping Dogs , Guitar Hero III: Legends of Rock , Burnout Dominator e Burnout Paradise , ademais de estar dispoñible como contido de descarga para a serie Rock Band . ” The Arms of Sorrow ” acadou o número 31 nesta mesma lista. Pola súa banda, a versión do tema ” Holy Diver ” de Dio , gravado orixinalmente para un álbum recompilatorio de Kerrang! titulado High Voltage , chegou a posición número 12 na lista Mainstream Rock. A comezos do 2007 o grupo viuse obrigado a cancelar tres datas da súa xira por Europa xunto a The Haunted por mor dos problemas nas costas de Dutkiewicz. Este tivo que ser sometido a unha operación de emerxencia, e foi substituído na xira polo guitarrista Peter Wichers do grupo Soilwork .
cancelar tres datas da súa xira por Europa
Written by
in