As tensións tamén foron aumentando dentro da banda. Albini non bebía alcol, polo que Riley e Durango convertéronse en compañeiros de bebida mentres Albini facía entrevistas e encargábase da loxística da banda. Riley, porén, estaba bebendo demasiado e o seu comportamento arruinou varias actuacións do grupo. Durante un concerto clave no CBGB , esnaquizou borracho a caixa de ritmos. Albini acusou a Riley doutras deficiencias, pero, a pesar de varias ameazas, nunca chegou a despedilo da banda. Outro problema ao que se enfrontou o grupo foi que Riley estaba agora na universidade e que tanto Albini como Durango tiñan que manter traballos diarios, o que limitaba a capacidade de Big Black para facer xiras. Cando Durango anunciou que quería comezar a estudar dereito a partir do outono de 1987, a banda decidiu seguir ata que comenzase as clases e despois deixalo. A pesar de gozar dunha maior presenza na prensa e nas radios, de ter maiores vendas de discos e de sacar máis cartos dos concertos, a banda non se arrepentiu da súa decisión e evitou a idea do éxito comercial. Segundo Riley, “Big Black nunca tratou diso. Se Big Black gañase cartos xa non sería Big Black”. Decidir deixalo era tamén liberador, xa que os membros xa non tiñan que preocuparse polo futuro do grupo. Albini escribiu que estaba feliz de desfacer a banda antes de que medrase demasiado:
As tensións tamén foron aumentando dentro da banda. Albini non bebía
Written by
in