Gravado en tres meses, As Daylight Dies publicouse o 21 de novembro de 2006 e acadou o número 32 da lista Billboard 200 con 60 000 copias vendidas na súa primeira semana. Tamén entrou na lista Australian Albums Chart na posición número 29. Mesturado por Dutkiewicz, o álbum recibiu críticas na súa maioría positivas. Thom Jurek de Allmusic cualificouno “un dos cinco candidatos a mellor álbum de metal do 2006”. Nick Terry de Decibel Magazine afirmou que “chamar adictivo a As Daylight Dies sería dicir pouco. Podería case obviarse dicir que sobrepasa ó seu xa en si mesmo impresionante predecesor”. Cosmo Lee de Stylus Magazine afirmou que “o álbum está asombrosamente mal secuenciado”, pero valorouno positivamente como “menos pesado emocionalmente, e moito máis divertido”. A data de 27 de novembro de 2007, As Daylight Dies levaba vendidas máis de 500 000 unidades nos Estados Unidos.
As Daylight Dies publicouse
Written by
in