O grupo comezou a buscar un novo vocalista de inmediato, que finalmente foi Howard Jones , naquel entón membro de Blood Has Been Shed . Jones declarou que non lle gustara o son do grupo a primeira vez que o escoitara. Comentou que o son de Killswitch Engage “soaba moi limpo, pero canto máis o escoitei, dinme conta de que hai cancións realmente moi boas aquí”. Tras saber dos problemas de Leach, Jones púxose en contacto có grupo e foi aceptado como o seu substituto. Philip Labonte de All That Remains tamén fixo probas como vocalista do grupo, pero finalmente foi Jones o elixido, quen tivo que memorizar sete temas para a súa actuación de estrea no Hellfest de 2002.
actuación de estrea no Hellfest
Written by
in