A formación de Faith No More só gañou algunha estabilidade coa

A formación de Faith No More só gañou algunha estabilidade coa entrada do guitarrista Jim Martin e do vocalista Chuck Mosely en 1984 . Con esa formación, en 1985 a banda gravou o seu primeiro disco, We Care a Lot , pola discográfica independente Mordam. Co disco a banda conseguiu un contrato coa discográfica Slash (subsidiaria da Polygram), e a consecuente posibilidade de alcanzar un público maior, que viu dous anos despois co álbum Introduce Yourself , no ano 1987 . No disco aparecía unha renovada versión de “We Care a Lot”, que tivo un éxito menor na MTV . Chuck Mosley sería despedido da banda en 1988 polo seu comportamento errático durante as sesións de gravación e os concertos.