A banda lanzou o seu noveno álbum de estudio, Bad Witch , o 22 de

Written by

in

A banda lanzou o seu noveno álbum de estudio, Bad Witch , o 22 de xuño de 2018. A banda tamén anunciou a xira Cold and Black and Infinite 2018 North America Tour , que tivo a The Jesus and Mary Chain de acompañante. Para evitar a revenda de entradas, a banda tomou a medida pouco habitual de vender só entradas físicas que tiñan que ser adquiridas no propio recinto antes dos concertos. Reznor explicou a decisión así: “A promesa dun mundo mellorado polos computadores e a conectividade en liña fallounos en moitos aspectos, especialmente no que ten que ver coa venda de entradas. Todo o proceso é unha porcallada e todos perden excepto o revendedor. Decidimos probar algo diferente que probablemente tamén será unha porcallada, pero dun xeito distinto”.