A banda estaba preparando unha serie de concertos para promover o

Written by

in

A banda estaba preparando unha serie de concertos para promover o lanzamento de Warehouse cando o representante da banda, David Savoy, suicidouse unha noite antes do inicio da xira. Hüsker Dü acabou facendo os concertos de todas formas (eles tocaban o novo álbum enteiro, na orde do disco e sen interrupcións todas as noites). Pero o suicidio de Savoy aumentou as turbulencias na banda e Hart non amosaba sinais de recuperación. Así que foi cancelada a xira de Warehouse e a banda non tocou ata o fin de 1987 , o que xerou especulacións de que o grupo estaría separándose. Eses rumores foron confirmados en xaneiro de 1988 , cando Hart foi despedido e a banda disolveuse.