Na época na que apareceu Locust Abortion Technician a banda mercou

Na época na que apareceu Locust Abortion Technician a banda mercou unha casa en Driftwood, Texas , a uns 50 km de Austin. Era a casa dun rancho construída na ladeira dun outeiro, con 20 000 m de terreo ao seu redor. Ao igual que coa casa alugada preto de Athens, o complexo foi convertido nun estudio de gravación. Non viviron xuntos na nova casa durante moito tempo, aínda que Coffey foi o primeiro en mudarse e converteuse no seu fogar. En 1991 todos os membros tiñan xa residencias separadas.