O 9 de novembro de 2004 Guided by Voices tocou no Austin City Limits

O 9 de novembro de 2004 Guided by Voices tocou no Austin City Limits, un concerto emitido a través da PBS o 22 de xaneiro de 2005 . A súa última aparición en televisión foi no programa Late Night with Conan O’Brien o 2 de decembro de 2004. A banda tocou o sinxelo “Everybody Thinks I’m a Raincloud (When I’m Not Looking)”. Tras unha serie de selectos concertos polos Estados Unidos, Guided by Voices realizou a súa última actuación en The Metro en Chicago o 31 de decembro . Esta actuación de catro horas con 63 cancións documentouse no DVD The Electrifying Conclusion .