Double Live foi o derradeiro traballo de Butthole Surfers en contar

Double Live foi o derradeiro traballo de Butthole Surfers en contar con Nervosa, que deixou a banda a principios de 1989. Pouco despois de marchar diagnosticáronlle un aneurisma , e viuse obrigada a someterse a unha cirurxía cerebral. Ademais, comezou a sufrir convulsións inducidas por luz estroboscópica. En 1991, Nervosa (que volveu a chamarse Teresa Taylor tras a súa retirada) tivo un pequeno papel no filme de Richard Linklater Slacker . En 1995 traballou na Escola de Texas para Cegos e Discapacitados Visuais.