O seu segundo álbum publicouse finalmente como Rembrandt Pussyhorse a

O seu segundo álbum publicouse finalmente como Rembrandt Pussyhorse a través de Touch and Go en abril de 1986. Tras dous anos dende as gravacións orixinais, o traballo presentaba unha mestura e unha selección de cancións distinta á da versión non lanzada por Alternative Tentacles. Sobre todo coñecido pola súa versión minimalista do tema de The Guess Who ” American Woman “, trátase dun dos álbums máis experimentais da carreira de Butthole Surfers. Despois dunha particularmente descontrolada xira, incluso para os estándares de Butthole Surfers, a banda semi-asentouse en Winterville no verán de 1986. Nervosa regresou ao grupo (Cabbage fora despedida meses antes), e púxose a traballar na creación dun estudio caseiro nunha casa alugada nas aforas de Athens. Ao pouco tempo comezaron a gravar o seu terceiro álbum de xeito pausado. O novo traballo, Locust Abortion Technician , publicouse en marzo de 1987 e trátase dun dos álbums máis pesados de Butthole Surfers, sendo considerado tamén un dos mellores. Aproveitando elementos do punk, do heavy metal, e da psicodelia, o seu son único creou varias cancións rechiantes de ritmos lentos que poderían considerarse precursoras do grunge .