En 1984 a banda regresou aos BOSS Studios e gravou suficiente material para encher dous álbums. O grupo ofreceulle orixinalmente os dous a Alternative Tentacles, sendo o primeiro deles Psychic… Powerless… Another Man’s Sac . Porén, antes de lanzarse algún dos dous traballos, Alternative Tentacles tiña que mercarlle as cintas máster a Bob O’Neill, dono dos BOSS Studios. O’Neill negouse a liberalas ata que lle pagasen as sesións, pero Alternative Tentacles non tiña cartos suficientes para pagarlle inmediatamente. Tras meses de espera a banda lanzou en setembro de 1984 o álbum ao vivo Live PCPPEP a través de Alternative Tentacles, debido a que estaban economicamente desesperados. O disco estaba formado principalmente por interpretacións de temas do seu primeiro traballo, o que fixo que moitos críticos e fans bromearan con que editaran dúas veces o mesmo disco. Mentres tanto, Bob O’Neill estaba preparando o lanzamento de Psychic… a través do seu propio selo Ward 9 para recuperar os seus gastos.
En 1984 a banda regresou aos BOSS Studios e gravou suficiente
Written by
in