Albini comezou a tocar en bandas universitaria, incluído nun grupo “arty new wave” de curta vida chamado Stations, que contaba cunha caixa de ritmos. Vendo a vantaxe dunha máquina que podía tocar incriblemente rápido sen cansarse, que sempre mantiña un ritmo estable, e que seguía as ordes exactamente, mercou unha caixa de ritmos Roland TR-606 e comezou a compoñer o que serían as primeiras cancións de Big Black. Porén, era incapaz de atopar outros músicos que puidesen tocar as cancións como el quería, así que na primavera de 1981 mercou unha guitarra, pediu prestado un gravador de catro pistas a un amigo a cambio dunha caixa de cervexas, e pasou as súas vacacións de primavera gravando o EP Lungs no seu salón, encargándose el mesmo da guitarra, do baixo, das voces e da programación da Roland TR-606 como son de batería. Influenciado por bandas como Cabaret Voltaire , Killing Joke , e The Cure , o EP foi descrito polo escritor Michael Azerrad como “frío, escuro, e decididamente inescoitable”, coas letras describindo maltratadores de nenos e outros temas controvertidos. Posteriormente Albini considerouno como un dos seus poucos arrepentimentos artísticos.
Albini comezou a tocar en bandas universitaria, incluído nun grupo
Written by
in